Déixanse a discreción dos alumnos dous métodos de avaliación alternativos na materia: avaliación continua e avaliación única. A avaliación continua consistirá na realización de dous exames parciais (cada un, o 20% da nota final) e un exame final (60% da nota final). O primeiro exame parcial versará sobre os contidos do tema 1 e realizarase previsiblemente na séptima semana de clase. O segundo
exame parcial versará sobre os contidos do tema 2 e realizarase
previsiblemente na undécima semana de clase. Os resultados dos
exames parciais conoceranse nas dúas semanas seguintes á
realización dos mesmos. O exame final versará sobre TODOS os
contidos da materia y realizarase no período de exames do
Centro. A avaliación única consistirá nun exame final. A cualificación final da materia será, neste caso, a nota obtida no devandito exame. Consideraranse presentados á convocatoria todos os alumnos que se presenten a un calquera dos exames (xa sexan parciais ou final). Considerarase que opta pola avaliación continua o alumno que se presente a un calquera dos exames parciais. Considerarase que opta pola avaliación única o alumno que só se presente ao exame final. Quen non supere a materia na primeira oportunidade da convocatoria dispón dunha segunda oportunidade no mes de xullo consistente en responder a un único exame escrito. Quen optase na primeira oportunidade pola avaliación continua, poderá, no momento do exame, optar pola avaliación única. A cualificación dos exames só fornece efectos no curso en que se propoñan. |