Seguindo as directrices propias da titulación ofrecerase a quen curse esta materia dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación ao final do cuadrimestre. A avaliación continua está baseada nunha serie de tarefas. Cada estudante pode optar por facer ou non a avaliación continua. Considérase que unha persoa opta pola avaliación continua se realiza a tarefa 3 (aproximadamente a semana 7 do cuadrimestre) ou calquera posterior. As tarefas 1 e 2 poderán realizarse e tras elas non optar á avaliación continua. Estudantes que optan por avaliación continua: Para a avaliación establécense distintas tarefas avaliables. Indícase esta lista de tarefas e o seu peso na nota final. Tamén se indica a semana do cuadrimestre na que, aproximadamente, se realizarán. Tarefa 1: Resolución individual dun problema. Peso 5%. Semana 4 Tarefa 2: Corrección do problema realizado por un compañeiro. Peso 5%. Semana 5 Tarefa 3: Elaboración dun test. Realízase en grupos de 4. Peso 10%. Semana 7 Tarefa 4: Realización dun test. Peso 10%. Semana 10 Tarefa 5: Resolución individual dun problema. Peso 10%. Semana 12 Tarefa 6: Contestar un cuestionario por parellas con axuda do computador. Peso 10%. Semana 14 A última tarefa da avaliación continua será un exame final. Este será unha versión reducida do exame que realizarán as persoas que non opten por avaliación continua. O peso do exame na nota final será do 50%. Antes da realización ou entrega de cada tarefa indicarase a data e procedemento de revisión das cualificacións obtidas. O alumnado terá opción a coñecer a cualificación de cada tarefa e revisar a corrección nun prazo razoable de tempo (unha semana, xeralmente). Estas tarefas non son recuperables, é dicir, se alguén non pode cumprilas no prazo estipulado o profesorado non ten obrigación de repetirllas. A cualificación obtida nas tarefas avaliables será válida tan só para o curso académico no que se realicen. Se unha persoa participou na avaliación continua e non aproba a materia recibirá unha cualificación de suspenso, independentemente de que se presente ao exame final ou non. A nota final das persoas que opten por avaliación continua calcularase como a media entre a nota do exame final e a nota das tarefas previas. Para minimizar o impacto da posible perda dunha tarefa previa, a media destas realizarase excluíndo a peor das cualificacións obtidas. Tendo en conta que as tarefas 1 e 2 son dúas partes do mesmo exercicio, e que entre ambas pesan un 10%, consideraranse unha soa a efectos de excluír a peor cualificación. Estudantes que optan por avaliación ao final do cuadrimestre: As persoas que non opten pola avaliación continua ofreceráselles a posibilidade de acudir a un exame final. Este exame será cualificado entre 0 e 10 e esta será a nota final que obteñan. Recuperación en xullo Para a convocatoria de recuperación (xullo) quen non aprobase a materia elixe se desexa realizar o exame completo ou se se lle aplica o procedemento de avaliación continua descrito anteriormente mantendo a nota obtida nas tarefas previas. O mesmo día do exame, antes da realización do mesmo, debe comunicarse ao profesorado a elección realizada. Considérase que a materia está aprobada se a nota final obtida é igual ou superior a 5. |