Probas de resposta longa, de desenvolvemento |
Exame final: Proba para avaliación das competencias que inclúe preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta extensa. |
60 |
Seguindo as directrices propias da titulación ofrecerase aos alumnos que cursen esta materia dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación ao final do cuadrimestre:
1. AVALIACIÓN CONTINUA.
- O estudante que se acolla a este sistema de avaliación poderá acadar unha cualificación máxima de 4 puntos.
- O sistema de avaliación continua consistirá en tres sesións de resolución de cuestionarios/exercicios que se realizarán, aproximadamente, nas semanas 5, 8 e 12:
- Proba 1. Semana 5. Tema 1. Valoración 10%. Puntuación (EC1) máxima 1 punto.
- Proba 2. Semana 8. Temas 2 e 3. Valoración 15%. Puntuación (EC2) máxima 1,5 punto.
- Proba 3. Semana 12. Temas 4 e 5. Valoración 15%. Puntuación (EC3) máxima 1,5 punto.
- Antes da realización ou entrega de cada proba indicarase a data e procedemento de revisión das cualificacións
obtidas, que serán públicas nun prazo razoable de tempo. - As probas de avaliación continua non son recuperables, é dicir, se un alumno non pode cumprilas no prazo estipulado o profesor non ten obriga de repetirllas.
- A nota final de avaliación continua (EC) calcularase como a suma das puntuacións acadadas nas tres probas planificadas: EC=EC1+EC2+EC3.
- A cualificación obtida nas tarefas avaliables (EC) será válida tan só para o curso académico no que se realicen.
- Entenderase que un alumno se acolle a este sistema de avaliación cando despóis de facer a primeira proba de avaliación continua se presenta á segunda proba.
2. AVALIACION FINAL DE CUADRIMESTRE.
- Consistirá nun exame final que avaliará todas as competencias da materia.
- A este exame preséntanse todos os alumnos. Se distinguen os seguintes casos:
- Alumnos que non seguiron a avaliación continua: a nota final será a do examen final (EF).
- Alumnos que seguiron a avaliación continua:
- Se acadaron unha nota EC>=1.6: o examen final (EF) ponderarase sobre 10-EC. Polo tanto a súa nota final calcularase seguindo a seguinte fórmula:
NF = EC + EX*(10-EC)/10
- Se acadaron unha nota EC < 1.6: o examen final ponderarase sobre 6.Polo tanto a súa nota final calcularase seguindo a seguinte fórmula:
NF = EC + EX*6/10 - O sistema de puntuación plantexado garante que todo aquel alumno que complete de maneira axeitada o sistema de avaliación continua (nota media mínima de 4 puntos sobre 10, ou equivalentemente 1,6 sobre 4) poderá acadar una nota final na materia de 10 puntos ó igual que aqueles alumnos que non se acollan ó sistema de avaliación continua.
3. RECUPERACION NA CONVOCATORIA DE XULLO.
- Consistirá novamente nun exame que avaliará todas as competencias da materia.
- Previamente ao exame o estudante decidirá se se acolle ao sistema de cualificación por avaliación continua conservando os puntos que obtivera no período ordinario (EC) ou se decide que a súa avaliación sexa mediante o exame final.
OBSERVACIÓNS:
- Considerarase presentado a todo estudante que se presente a calquera dos dous exames finais.
- Se un alumno participou na avaliación continua e non aproba a materia, aínda que non se presente a ningún exame final, recibirá unha cualificación de suspenso.
- Considerarase que a materia está aprobada se a nota final é igual ou superior a 5.
|