Materiais e Métodos para a Protección dos Metais Fronte á Corrosión
Código
V04M037V01206
Titulación
Máster Universitario en Enxeñaría Química
Descritores
Cr.totais
Sinale
Curso
Cuadrimestre
5
OB
1
2c
Lingua de impartición
Prerrequisitos
Coordinador/a
Izquierdo Pazó, Milagros
Correo-e
mizqdo@uvigo.es
Profesorado
Izquierdo Pazó, Milagros
Pérez Pérez, María del Carmen
Web
Descrición xeral
A obtención de metais, en forma elemental, require o subministro de enerxía ós compostos dos que forman parte na natureza (incrementa-la súa enerxía libre de Gibbs). Así pois, o metal tenderá a perder este suplemento de enerxía mediante a interacción co medio ambiente. O fenómeno de corrosión pode así definirse como o ataque químico ou electroquímico que sofren os materiais pola acción do medio ambiente. Desde este punto de vista non é posible evitar a corrosión, xa que se trata dun proceso termodinámicamente espontáneo, pero si facela máis lenta e conseguir que a vida útil dos materiais se alargue. Será fundamental que el enxeñeiro ou especialista en corrosión posúa coñecementos actualizados sobre as ferramentas e métodos de control de que se dispón hoxe en día, das técnicas de inspección, da forma de interpretar e aplica-la información sobre a corrosión, e saber onde obter axuda.