Código |
Descrición |
A1 |
Saber afondar na realidade social, económica, administrativa e cultural da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal |
A2 |
Saber elaborar e xestionar candidaturas a programas comunitarios |
A3 |
Saber analizar as características, os logros e os déficits da cooperación territorial promovida pola UE |
A4 |
Ser capaces de establecer estratexias acumulativas que permitan aproveitar os programas comunitarios como impulso para o desenvolvemento sostible do territorio, no marco dos respectivos Programas Operativos. |
A5 |
Ter capacidade para coñecer o sistema institucional da UE e os seus procesos políticos. |
A6 |
Ser capaces de analizar e interpretar as políticas comunitarias sectoriais. |
B1 |
Ter adquirido coñecementos avanzados e demostrado, nun contexto de investigación científica e tecnolóxica ou altamente especializado, unha comprensión detallada e fundamentada dos aspectos teóricos e prácticos e da metodoloxía de traballo nun ou máis campos de estudo |
B2 |
Saber aplicar e integrar os seus coñecementos, a comprensión destes, a súa fundamentación científica e as súas capacidades de resolución de problemas en entornos novos e definidos de forma imprecisa, incluíndo contextos de carácter multidisciplinar tanto investigadores como profesionais altamente especializados |
B3 |
Ser capaces de predecir e controlar a evolución de situacións complexas mediante o desenvolvemnto de novas e innovadoras metodoloxías de traballo adaptadas ao ámbito científico/investigador, tecnolóxico ou profesional concreto, en xeral multidisciplinar, no que se desenvolve a sua actividade |
B4 |
Ser capaces de asumir a responsabilidade do seu propio desenvolvemento profesional e da súa especialización nun ou máis campos de estudo |
B5 |
Saber valorar a importancia de fomentar a igualdade entre homes e mulleres en todos os ámbitos. |
B6 |
Ter capacidade para traballar polos valores democráticos e polos valores da paz |
B7 |
Ser capaces de apostar pola cooperación e polo diálogo intercultural entre os pobos. |
B8 |
Saber valorar a importancia da solidariedade e da cohesión social e territorial como fonte de progreso e desenvolvemento. |