1) O alumno pode elixir un dos seguintes métodos de avaliación na convocatoria de Maio-Xuño de 2014:
1.A) Avaliación Continua: - Para a avaliación da docencia teórica realizarase unha proba de resposta curta para a avaliación das competencias adquiridas e que terá un peso do 50% na nota final. - Para a avaliación da parte práctica realizaranse 2 exercicios prácticos e terán un peso global dun 50% na nota final. - As probas anteriores levaránse a cabo en sesións de docencia presencial. - Para aprobar a materia é necesario conseguir 5 puntos (nunha escala de 0 a 10) ao promediar ambas avaliacións e conseguir un mínimo de 4 puntos (nunha escala de 0 a 10) en cada unha delas. 1.B) Avaliación non Continua: - O sistema de avaliación desta convocatoria constará dunha proba de resposta curta e outra proba de resolución de exercicios prácticos (usando un programa informático). A nota de cada proba terá un peso do 50% na nota final. - As probas anteriores levaránse a cabo na data oficial que se fixe para esta materia na convocatoria de Maio-Xuño de 2014. - Para aprobar a materia é necesario conseguir un mínimo de 5 puntos (nunha escala de 0 a 10) ao promediar ambas probas e conseguir un mínimo de 4 puntos (nunha escala de 0 a 10) en cada unha delas. 2) Avaliación na convocatoria de Xullo de 2014 e sucesivas: - O sistema de avaliación desta convocatoria constará dunha proba de resposta curta e outra proba de resolución de exercicios prácticos (usando un programa informático). A nota de cada proba terá un peso do 50% na nota final. - As probas anteriores levaránse a cabo na data oficial que se fixe para esta materia na convocatoria de Xullo de 2014. - Para aprobar esta materia é necesario conseguir 5 puntos (nunha escala de 0 a 10) ao promediar ambas probas e conseguir un mínimo de 4 puntos (nunha escala de 0 a 10) en cada unha delas. |