En todas as convocatorias, a nota final da materia resultará da suma da nota obtida na avaliación continua, que sopoñerá un 40% da nota final (ata 4 puntos), e a nota obtida nun exame escrito, que valerá o 60% restante dea nota final (ata 6 puntos).
Avaliación continua (ata 4 puntos):
O 40% da nota obterase mediante a avaliación continua do alumno, o que inclúe a entrega de exercicios ou cuestións e a nota dos pequenos controis que se farán periodicamente. Concretamente a puntuación será a seguinte:
- Ata 1 punto pola entrega de follas de problemas ou cuestións.
- Ata 3 puntos polas notas dos controis periódicos.
Exame escrito (hasta 6 puntos):
Realizarase un exame parcial co contido teórico e práctico dos primeiros 3 temas da materia e un exame final que terá lugar na data oficial establecida no calendario de exames.
Os alumnos que superasen o exame parcial (obtendo unha cualificación igual ou superior a 3 dos 6 puntos do exame) só terán que examinarse no exame final da parte correspondente aos temas 4 a 7. Os alumnos que non superen o exame parcial terán que examinarse de toda a materia no exame final.
O exame final constará de 2 partes (a primeira corresponderá cos temas 1 a 3 e a segunda cos temas 4 a 7), cada unha das cales se valorará sobre 6. Para poder aprobar a materia será preciso obter como mínimo 2 dos 6 puntos en cada unha das partes. Nese caso, a nota do exame obterase como a media aritmética simple das cualificacións obtidas en cada unha das partes.
NOTA IMPORTANTE: Como xa se mencionou, en todas as convocatorias, a nota final da materia resulta da suma da cualificación por avaliación continua obtida ao longo do curso máis a obtida no exame. Non obstante, a puntuación do exame só se terá en conta cando en cada unha das partes se obteña unha puntuación igual ou superior a 2 dos 6 puntos. No caso contrario, a cualificación final será igual á puntuación obtida por avaliación continua. Así mesmo, a cualificación dos alumnos que non se presenten ao exame será a cualificación que obtivesen por avaliación continua.
Para aprobar a materia será preciso obter unha nota final igual ou superior a 5 puntos. |