Prácticas en aulas de informática |
Avaliarase a asistencia e o traballo na aula de informática. |
10 |
Resolución de problemas e/ou exercicios |
Realizaranse tres probas escritas, nas que o alumno poderá utilizar todo o material que considere necesario, non se poderá usar computador, nin calculadora.
Cada unha das tres probas puntuarase sobre 10. A nota final desta parte será a media das notas obtidas nas probas dividida por 5.
A primeira proba realizarase o 15 de Outubro de 2013 e consistirá de cuestións e exercicios relativos ao tema 1.
A segunda proba realizarase o 12 de Novembro de 2013 e consistirá de varios exercicios relativos ao tema 2 ata a regra da cadea.
A terceira proba realizarase o 16 de Decembro de 2013 e consistirá de cuestións e exercicios relativos aos temas 2 e 3.
A data de cada unha das probas e a materia que entra nas mesmas pode variar para adaptarse á marcha do curso. Neste caso, os cambios serán publicados na plataforma TEMA con suficiente antelación. |
20 |
Outras |
Ao final do semestre realizarase un EXAME, que constará de preguntas curtas tipo test e exercicios a desenvolver relativos a toda a materia vista en clase.
As preguntas tipo test serán de resposta única e con catro posibles opcións. Sobre o número total de preguntas da parte tipo test, cada resposta correcta suma 1 punto e cada resposta incorrecta resta un terzo. As preguntas en branco non suman nin restan. |
50 |
Unha mala nota nas probas prácticas pode recuperarse co traballo e a participación nas prácticas de encerado.
Para os alumnos que ao finalizar o curso se encontren nalgún dos seguintes casos: 1. Asistiu a dez ou máis prácticas, 2. Se presento a máis dunha proba práctica, 3. Se presento ao exame final, a nota final da materia será a suma de todas as notas obtidas nos apartados anteriores. O alumno que non se encontre nalgún dos casos anteriores, recibirá a cualificación de non presentado.
Os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades do curso. A nota obtida na parte práctica da materia mantense para todas as oportunidades do curso.
|