A materia está orientada a un alumnado que se inicia no campo da tradución de textos científicos e técnicos. Preténdese que o alumnado desenvolva a capacidade de traducir
profesionalmente este tipo de textos pertencentes a diversos xéneros textuais, ámbitos e graos de
especialización. Fomentarase o coñecemento das estratexias e ferramentas necesarias para
detectar, analizar e resolver problemas de tradución cun grao significativo de autonomía.
A direccionalidade do traballo de tradución será directa e inversa.