Traballos de aula |
Durante a realización de traballos de aula, os docentes avaliarán de maneira individualizada o traballo realizado polos estudantes, supervisando, corrixindo e explicando as súas opcións traductolóxicas. Na resolución de problemas e exercicios de forma autónoma, avaliarase o traballo dos estudantes, a súa forma de coordinarse e organizar as tarefas, e a evolución da tradución antes da entrega final. Tamén se realizará atención personalizada dos estudantes durante as titorías oficiais dos docentes. A plataforma de teledocencia faitic como medio para a posta a disposición dos estudantes dos materiais necesarios para o desenvolvemento da materia e para a comunicación individualizada de correccións, cualificacións, etc. A atención do alumnado que non asista ás clases realizarse unicamente en horario de titorías. Os periodos correspondentes coas revisións de traballos, encomendas e exames non superarán o mes e realizaranse durante as titorías dos docentes.
Pídese que os estudantes contacten coa docente Rebeca López mediante o correo propio da Universidade de Vigo rebecalopez@uvigo.es e non o que aparece ó inicio desta guía. |
|