Esta materia afonda no traballo de tradución de textos do francés ao español. Traballarase con textos destinados a un público non especializado, pero cun grao de complexidade elevado tanto desde o punto de vista lingüistico como dos contidos. Isto servirá de iniciación á tradución de textos de distintas especialidades que serán parte da oferta das materias de tradución especializada de 4º de grao.