O alumnado deberá informar a profesorado nas dúas primeiras
semanas de clase a súa elección de acollerse á avaliación continua ou non.
En todo caso, para poder acollerse a ela, debe asistir polo menos ó
80% das horas presenciais. A primeira encomenda de tradución repartirase o martes 8 de outubro e deberá ser entregada o martes 29 de outubro de 2013. A segunda encomenda de tradución repartirase o martes 12 de novembro de 2013 e deberá ser entregada o martes 19 de novembro de 2013. A primeira proba en aula realizarase o martes 29 de outubro de 2013. A segunda proba en aula realizarase o martes 3 de decembro de 2013. O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha calificación de suspenso deberá presentarse á convocatoria extraordinaria de xullo. O alumnado que non se acolla á avaliación continua poderá realizar un exame final e único fixado para o martes 3 de decembro de 2013. Este exame consistirá en: 1. Tradución fr>gl con tempo limitado (2 horas): 60% da nota. A non ser que o docente sinale o contrario, non se poderá empregar ningunha ferramenta electrónica. 2.
Encomenda de tradución directa que recibirá o alumnado o día do exame e
que deberá entregar segundo as condicións especificadas na encomenda
nun máximo de 7 días naturais: 40% da nota. É preciso aprobar as dúas partes para superar a materia. Poderase facer media sempre e cando unha parte estea aprobada e a outra teña unha nota mínima de 4 sobre 10. Non se conserva ningún aprobado parcial para a convocatoria extraordinaria de xullo. CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA OFICIAL DE XULLO O alumnado que non aprobase a materia dentro da primeira convocatoria presentarase nas datas oficiais establecidas pola facultade a unha proba que
consistirá en: 1. Tradución fr>gl con tempo limitado (2 horas): 60% da nota. A
non ser que o docente sinale o contrario, non se poderá empregar
ningunha ferramenta electrónica. 2.
Encomenda de tradución directa que recibirá o alumnado o día do exame e
que deberá entregar segundo as condicións especificadas na encomenda
nun máximo de 7 días naturais: 40% da nota. É preciso aprobar as dúas partes para superar a materia. Poderase facer media sempre e cando unha parte estea aprobada e a outra teña unha nota mínima de 4 sobre 10. O plaxio ou copia calificarase cun 0, que computará para a nota
final. O exercicio ou traballo que sexa obxecto de copia ou plaxio non
se poderá repetir. Os erros de lingua que sobrepasen a proporción de tolerancia fixada polo docente no inicio do curso provocarán o suspenso de calquera traballo ou exame realizado. |