Iniciación técnica á intratradución ou paráfrase como exercicio previo á posterior tradución interlingüística ou tradución propiamente dita.
Trátase de exercicios de reformulación -en francés standard- de textos de actualidade nos que:
a) o alumno exercite as destrezas gramaticais e de comprensión adquiridas previamente.
b) Aprenda a interrelacionar sintaxe e semántica: forma e sentido.
c) Capte os matices do texto orixinal para reformular as súas múltiples manifestacións pragmático-discursivas.