Debates |
Haberá un debate sobre o libro de lectura obrigatoria A ciencia no punto de Mira. Formarase un grupo que terá que discutir co profesor nunha proba oral, ó final do semestre, cuestións que xurdan da lectura demorada do texto proposto. |
Sesión magistral |
Actividade teórica. Consiste na exposición dos contidos da materia co obxectivo de comunicar coñecementos. As explicacións estarán ordenadas e ben estruturadas e contarán con exemplos que aseguren a comprensión dos contidos. |