Para poder seguir as clases recoméndase posuír un nivel B1+ (Marco Europeo de Referencia) ou Intermedio (Escola Oficial de Idiomas) de inglés.
Ademais da asistencia regular ás sesións presenciais, o traballo diario e autónomo do alumnado resulta imprescindible para seguir e superar a materia. Sendo así, é altamente recomendable que o material manexado polo alumnado non se limite ao visto nas sesións presenciais senón que inclúa a lectura de xornais, libros e revistas en lingua inglesa, o visionado de vídeos, películas, series e similares en lingua inglesa, etc.
Universidade de Vigo
|
Reitoría |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000