Sesión magistral |
Actividade teórica. Consiste na exposición dos contidos xerais da materia co obxectivo de comunicar coñecementos e metodoloxías de análise. As explicacións estarán ordenadas e ben estruturadas e contarán con exemplos claros que aseguren a comprensión dos contidos. Ocasionalmente poderán estar apoiadas por presentacións. |
Presentaciones/exposiciones |
Actividade práctica. O profesor da materia dará unhas indicacións xerais sobre a forma axeitada de realizar unha presentación oral. A partir destas explicacións esta liña metodolóxica irá orientada aos discentes. O seguinte paso consistirá na exposición oral (individual, por parellas ou en grupos) por parte dos alumnos dun tema concreto de carácter lingüístico que se escollerá entre os temas da materia e que terá que presentarse ao resto dos compañeiros. |