Guia docente 2013_14
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Comunicación nos medios (en español e galego)
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias O obxectivo fundamental das actividades introdutorias é recoller información sobre os coñecementos de partida, os intereses e as motivacións dos discentes. Ademais da presentación da materia farase unha pequena proba inicial non puntuable na avaliación final que servirá como valoración de nivel.
Sesión maxistral Actividade teórica. Consiste na exposición dos contidos da materia co obxectivo de comunicar coñecementos e fontes de información. As explicacións estarán ordenadas e ben estruturadas e contarán con exemplos ilustrativos que aseguren a adecuada comprensión.
Resolución de problemas e/ou exercicios Actividade práctica. Formularanse na aula ou a través da plataforma TEMA unha serie de problemas e exercicios relacionados coa materia traballada. O obxectivo é reflexionar e relacionar teoría e práctica. Tamén constitúe unha actividade básica para consolidar coñecementos teóricos.
Traballos tutelados Actividade práctica. Os traballos tutelados estarán dirixidos a través das titorías concertadas cos discentes. Nestes traballos trátase de poñer a proba a competencia en lingua escrita do alumnado e a súa capacidade para xestionar grandes traballos e proxectos (por exemplo, analizar os recursos lingüísticos dun corpus extraído da prensa, etc.). Nas clases presenciais se ofrecerá a metodoloxía de análise así como as recomendacións formais para a presentación de traballos académicos.
Debates Actividade práctica. A finalidade dos debates será activar a reflexión crítica por parte dos alumnos e alumnas. Tamén será importante para mellorar as estratexias comunicativas orais, sobre todo no relativo á construción de argumentacións sólidas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000