Traballos tutelados |
O docente proporá aos discentes traballos dirixidos que han ser entregados antes de rematar o cuadrimestre. |
10 |
Prácticas autónomas a través de TIC |
O docente propoñeralles aos discentes a participación en foros, wikis e prácticas sobre sintaxe a través da plataforma TEMA. Estas prácticas poden consistir na produción de textos sintacticamente ben elaborados, correción de erros de sintaxe nos textos, cuestións puntuais de análise sintáctica, resumo e crítica de lecturas etc.
Avaliación continua. |
10 |
Resolución de problemas e/ou exercicios |
O docente entregaralles aos discentes na clase exercicios de análise sintáctica que máis tarde recollerá, corrixirá e comentará.
Avaliación continua. |
10 |
Ao comezo de curso os alumnos deberán elixir entre un sistema de avaliación continua (80% de presencialidade) ou de avaliación única. A avaliación única consistirá nun exame (70%) que se celebrará na última semana do curso e que incluirá contidos das
distintas partes indicadas e nun traballo (30%), que determinará o profesor,
sobre algún aspecto ou aspectos da materia. Este mesmo sistema de avaliación aplicarase na segunda edición das actas. Será penalizado o plaxio. |