Guia docente 2013_14
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Literatura: Panorama da literatura galega I
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Seminarios Actividades destinadas a analizar un texto literario específico segundo os métodos expostos nas clases teóricas ou maxistrais.
Eventos docentes e/ou divulgativos Asistencia a conferencias relacionadas cos contidos da materia.
Resolución de problemas e/ou exercicios Análise de textos repartidos na aula.
Presentacións/exposicións Exposición breve na aula, por parte do alumno, dun tema específico previamente asignado.
Debates Posta en común de análises e interpretacións dun fragmento literario repartido na aula.
Traballos tutelados Traballos destinados a familiarizar o alumno coa busca de información en arquivos e bibliotecas (Fundación Penzol, Arquivo municipal de Vigo, Arquivo do Museo de Pontevedra, etc.)
Sesión maxistral Exposición na aula, combinando sempre os aspectos teóricos coa lectura de textos literarios que serán repartidos na aula.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000