Guia docente 2013_14
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Aprendizaxe da lingua estranxeira: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións Ao longo do curso o alumnado, en grupos ou individualmente, deberá presentar oralmente 2 traballos:
a)por una banda, os exercicios / actividades que consideren relevantes para a súa aprendizaxe, e por escrito e en formato papel, una copia das devanditas actividades. O traballo de “lingua” suporá o 15% da cualificación definitiva e fará parte dunha grella de avaliación.
b) as actividades correspondentes dunha unidade didáctica e, por escrito e
en formato papel, o bosquexo da devandita unidade. Os grupos escollerán o ciclo e o curso para o que elaborarán a programación. Estas actividades para unha unidade suporán o 15% da calificación definitiva.
As data de entrega de ambos apartados será o último día das clases / sesións do cuadrimestre.
30
Outras Ao final do cuadrimestre os alumnado terá que realizar dous exames:

-un escrito relacionado cos contidos lingüísticos do programa.

-de aprobar o escrito, un exame oral relacionado co expresado no epígrafe 4. (as actividades comunicativas: interacción oral, expresión oral e comprensión oral) adecuadas ao nivel B1. Este exame basearase na discusión sobre os contidos dunha película ou dunha serie de televisión.

O exame escrito suporá o 60% da cualificación defintiva.
O exame oral constituirá o 10% definitiva.

A data do exame escrito será a da data oficial fixada polo centro. As datas dos exames orais acordaránse segundo as disponibilidades de horarios do centro e do alumnado que teña aprobado o exame escrito.
70
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado que non teña aprobado algunha das partes do exame terá que presentarse á parte suspensa.

O alumnado que non presente os traballos especificados no apartado de didáctica deberá presentalos entre a data do exame e o peche de acta nunha data a establecer polo docente da materia.

O alumnado que se presentase en segunda ou outras convocatorias subseguintes sen ter cumpridos ningún dos requisitos anteriores deberá ter en conta os requisitos da primeira convocatoria.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000