Proxectos |
Nas horas de tipo B, traballaranse os contidos estritamente lingüísticos e comunicativos do programa. Ao longo do curso, o alumnado, en grupos ou individualmente, presentará dous tipos de traballos: de aprendizaxe da lingua estranxeira e da didáctica da lingua estranxeira.
As datas de realización das tarefas serán establecidas na clase. Será o alumnado quen lles propoña aos seus compañeiros e ao profesor as actividades comunicativas. |
Presentacións/exposicións |
Desenvolveranse no final no cuadrimestre nun horario negociado coa clase. Nestas sesións cada alumno ou grupo de alumnos deberá expor oralmente na aula os seus proxectos ou traballos no tempo establecido previamente polo profesor e a clase. |