Código |
Descrición |
A1 |
Coñecer os obxectivos, contidos curriculares e criterios de avaliación da Educación Infantil |
A2 |
Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva |
A3 |
Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan ás singulares necesidades educativas dos estudantes, á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos |
A4 |
Fomentar a convivencia na aula e fóra dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles |
A6 |
Coñecer a evolución da linguaxe na primeira infancia, saber identificar posibles disfuncións e velar pola súa correcta evolución. Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multiculturais e multilingües. Expresarse oralmente e por escrito e dominar o uso de diferentes técnicas de expresión |
A7 |
Coñecer as implicacións educativas das tecnoloxías da información e a comunicación e, en particular, da televisión na primeira infancia |
A10 |
Actuar como orientador de pais e nais en relación coa educación familiar no período 0-6 e dominar habilidades sociais no trato e relación coa familia de cada estudante e co conxunto das familias |
A11 |
Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela nos estudantes |
B1 |
Capacidade de análise e síntese |
B2 |
Capacidade de organización e planificación |
B3 |
Comunicación oral e escrita |
B6 |
Capacidade de xestión da información |
B7 |
Resolución de problemas |
B9 |
Traballo en equipo |
B11 |
Habilidades nas relacións interpersoais |
B12 |
Recoñecemento da diversidade e multiculturalidade |
B13 |
Razoamento crítico |
B15 |
Aprendizaxe autónoma |
B17 |
Creatividade |