Guia docente 2013_14
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Psicoloxía: Identificación, prevención e tratamento dos trastornos do desenvolvemento e da conduta
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións
Valoración do contido e forma de exposición dun traballo relacionado coa materia.
10
Traballos tutelados
O estudante presenta o resultado obtido na elaboración dun documento sobre a temática da materia, na preparación de seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias etc.
10
Seminarios
Estudos de casos de deficiencias da conduta infantil. Pódense levar a cabo de maneira individual ou en grupo, de forma oral ou escrita...
15
Probas de tipo test Probas para avaliación das competencias adquiridas mediante preguntas tipo test ou de resposta curta. 65
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia será preciso que os estudantes obteñan en cada proba ou actividades obxecto de avaliación como mínimo un 50% da cualificación nese apartado.

Aqueles estudantes que non superen algunha das probas ou actividades obxecto de avaliación poderán recuperalas na convocatoria de xullo.

No caso de que algún estudante non poida seguir a avaliación continua e o traballo en grupo titorizado polo responsable docente da materia realizará unha proba de contidos teóricos sobre a mesma que suporá un 70%. Ademais dun traballo teórico-práctico ao que corresponderá o 30% da cualificación final. Para superar a materia será preciso que os estudantes obteñan en cada unha das partes (teórica e práctica) un 50% da cualificación total das mesmas.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000