A avaliación tentará recoller e valorar todos aqueles aspectos relacionados co alumnado respecto ao campo
conceptual, procedimental, actitudinal e relacional. Está deseñada en función das seguintes características: formativa,
continua, integral e final. Por tanto, afecta a todo o proceso de ensino-aprendizaxe.
No caso de que os alumnos non poidan seguir o proceso evaluativo anteriormente descrito, terán a oportunidade de superar
a materia, mediante a realización dunha proba escrita e unha proba práctica, que se realizará segundo o calendario
de exames establecido polo centro.
A CUALIFICACIÓN FINAL da materia resultará da integración das distintas notas das actividades realizadas tanto
nos contidos de Habilidades Rítmico-Expresivas como nos contidos de Habilidades Ximnástico-Acrobáticas.
Deberán ter superadas todas as partes para obter unha cualificación positiva. Os alumnos/as que non realicen todas as
actividades de avaliación obterán a cualificación final de suspenso, aínda que algunhas actividades estean aprobadas. Se o
alumno/a realiza só algunhas das actividades do curso terán a cualificación de suspenso, xa que se realiza unha
avaliación continua de todas as actividades propostas.
Cando o alumno necesite de máis dunha convocatoria para superar a materia, gardaranse notas parciais durante a
segunda convocatoria; é dicir, na convocatoria extraordinaria de xullo manteranse aquelas notas parciais que o
alumnado teña superadas, e só se presentarán a aquelas que non superaron.
Para as demais convocatorias, o alumno deberá concorrer da mesma maneira a unha proba escrita de pregunta curta, tipo
test ou de desenvolvemento e dunha proba practica dos contidos traballados para superar a materia. Igualmente deberá presentar o traballo de fichas de elementos ximnásticos elaborado segundo o desenvolvemento dos contidos traballados durante o curso.
A revisión de exames será no despacho das profesoras unha vez concluída a corrección.
OBSERVACIÓNS:
A PARTICIPACIÓN ACTIVA DO ALUMNADO NAS SESIÓNS PRESENCIAIS É UN FACTOR QUE DETERMINA O PROCESO DE AVALIACIÓN:.
- A asistencia ás sesións prácticas será OBRIGATORIA (80% das horas totais da materia, non sesións) Aplicarase de forma individualiza a cada un dos 2 Bloques da materia (Bloque Rítmico-Expresiva e Bloque Ximnástico-Acrobática).
- Os alumnos que participen activamente, como mínimo, ao 70% das sesións deben obter o 50% da máxima
puntuación posible na proba teórica e nas probas prácticas para consideralas superadas.
- Os alumnos que NON participen activamente (meros observadores), como mínimo, ao 70% das sesións deben obter o
65% da máxima puntuación posible na proba teórica e nas probas prácticas para consideralas superadas.
Os ALUMNOS DISCAPACITADOS Ou INCAPACITADOS TEMPORALMENTE PARA A PRÁCTICA MOTRIZ, PODERÁN SOLICITAR A
ADAPTACIÓN DAS TAREFAS MOTRICES A REALIZAR NAS SESIÓNS E NAS PROBAS DE AVALIACIÓN, NEL GRADO
QUE As COMPETENCIAS DA MATERIA O PERMITAN.
BLOQUE: HABILIDADES XIMNÁSTICO-ACROBÁTICAS
- A falta de asistencia a máis de dúas clases prácticas deste bloque (independentemente da súa xustificación), supón ademais a realización dun
exame práctico tanto de execución como de ensino metodolóxico dos elementos acrobáticos aos que non se asistiu.
- A elaboración do traballo de fichas dos elementos ximnásticos supón un 30% da nota deste bloque.
BLOQUE: HABILIDADES RÍTMICO-EXPRESIVAS
-Debido ao carácter de avaliación continua, a NON asistencia ás sesións prácticas non dará dereito a realizar a
coreografía en grupo, só de forma individual.