UD. I: As carreiras: Presentación da materia. Conceptos básicos da evolución histórica das carreiras, as saídas de tacos e de pé, as substitucións e os valos. Conceptos básicos das regras principais aplicables á iniciación das carreiras, as saídas de tacos e de pé, as substitucións e os valos. Bases estruturais fundamentais da técnica de carreira, da técnica da saída de tacos e de pé, da técnica e estratexia do cambio da testemuña e da técnica do paso do valo. Principios xerais e específicos da observación sistemática da técnica de carreira, da técnica da saída de tacos e de pé, da técnica e estratexia do cambio da testemuña e da técnica do paso do valo. Sesións prácticas de cada unha das técnicas que compoñen a UD. |
|
UD. II: Os saltos: Conceptos básicos da evolución histórica do salto de lonxitude, do triplo salto, do salto de altura e do salto con pértega. Conceptos básicos das regras principais aplicables á iniciación do salto de lonxitude, do triplo salto, do salto de altura e do salto con pértega. Bases estruturais fundamentais da técnica do salto de lonxitude, da técnica do triplo salto, da técnica do salto de altura e da técnica do salto con pértega. Principios xerais e específicos da observación sistemática da técnica do salto de lonxitude, da técnica do triplo salto, da técnica do salto de altura e da técnica do salto con pértega. Sesións prácticas de cada unha das técnicas que compoñen a UD. |
|
UD. III: Os lanzamentos: Conceptos básicos da evolución histórica do lanzamento de peso, do lanzamento de disco, do lanzamento de xavelina e do lanzamento de martelo. Conceptos básicos das regras principais aplicables á iniciación do lanzamento de peso, do lanzamento de disco, do lanzamento de xavelina e do lanzamento de martelo. Bases estruturais fundamentais da técnica do lanzamento de peso, da técnica do lanzamento de disco, da técnica do lanzamento de xavelina e da técnica do lanzamento de martelo. Principios xerais e específicos da observación sistemática da técnica do lanzamento de peso, da técnica do lanzamento de disco, da técnica do lanzamento de xavelina e da técnica do lanzamento de martelo. Sesións prácticas de cada unha das técnicas que compoñen a UD. |
|
UD. II: Metodoloxía do proceso de ensino da natación.
Tendencias actuais no ensino da natación. Aplicación dos estilos de ensino, análise das variables e condicionantes que inciden na elaboración dun programa de actividades acuáticas desde o punto de vista didáctico. |
|
UD. IV: Etapa de dominio do medio acuático.
Presentación das habilidades e destrezas básicas aplicadas ao ámbito da natación: conceptos e procesos de aprendizaxe. |
|
UD. V: Descrición básica das técnicas de natación.
Introdución histórica da evolución ao longo do tempo da técnica do catro estilos: crol, costas, braza e bolboreta. Descrición e análise das bases estruturais de cada un dos estilos: posición do corpo, traxectorias básicas dos brazos, acción de pernas, respiración e coordinación completa dos movementos.
Descrición e coñecemento das técnicas de saídas e viraxes de cada un dos estilos de nado e probas de estilo individual. |
|