Guia docente 2013_14
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Subjects
  Transmission, mediation and artistic education
   Methodologies
Methodologies   ::  Teaching methodology guide
  Description
Introductory activities Os aspectos básicos da guía docente serán expostos no aula, así como as actividades que se van a desenvolver ao longo do cuatrimestre co seu calendario correspondente. Propoñerase unha proba curta como diagnóstico de punto de partida e como reflexión dos coñecementos previos que ten o alumno.
Integrated methodologies Utilizaremos unha metodoloxía activa, onde o alumno involúcrese no proceso de aprendizaxe mediante a análise e o estudo do tema exposto no aula e dos textos propostos para lectura. O xuízo critico: a decisión do que se pode facer, da función que ha de ter, con que procedementos e que forma ou linguaxe poderían ser os adecuados. Propoñeranse tres proxectos coa intención de executalos e evaluarlos. A avaliación dos prototipos é parte fundamental do proceso de aprendizaxe. Para iso, deseñaranse programas de intervención educativa. O criterio de avaliación que se aplicará para cada un dos prototipos estará implícito no obxectivo de cada un dos proxectos.
Master Session Cando se inicie cada bloque de contidos, expoñerase no aula cos recursos necesarios e propoñerase a secuencia de traballo, explicando tamén a secuencia de aprendizaxe. En cada un dos temas facilitarase a bibliografía específica.
Workshops Unha das fases fundamentais do proceso creativo é o diálogo que se establece cos procedementos e linguaxes para buscar xeitos posibles de materializar unha idea. Esta fase desenvolverémola con grupos máis reducidos e unha atención individualizada para que o profesor poida axudar á procura divergente, a enriquecer o proceso e a acoutalo no momento oportuno. Tomaranse decisións individuais ou en grupo e realizaranse os prototipos.
Outdoor study / field practices Poñeranse en práctica os distintos programas para a avaliación dos prototipos.
Proceedings Intercambiaranse experiencias e analizaranse os resultados das distintas prácticas de avaliación en cada proxecto. Froito destas experiencias e da reflexión que conllevan, poderán emitir un xuízo sobre a función e efectividad dos prototipos evaluados, informe que terán que achegar no dossier de cada un dos proxectos realizados no cuatrimestre.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000