Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma |
O alumno deberá resolver de xeito autónomo, e entregar periódicamente os problemas ou exercicios formulados polo profesor.
Valoraranse tanto os resultados acadados, como o procedemento seguido na súa execución.
Dacordo ca lexislación vixente, a cualificación final será numérica e estará comprendida entre 0 e 10. |
10 |
Probas de tipo test |
A finalidade destas probas é avaliar o nivel de coñecementos teóricos acadado polo alumno nas sesións de aula. Serán probas escritas tipo test, de resposta múltiple, nas que o alumno poderá acadar unha cualificación numérica comprendida entre 0 e 10, dacordo ca lexislación vixente.
A cualificación final será a media das cualificacións obtidas nas diferentes probas realizadas. |
40 |
Resolución de problemas e/ou exercicios |
A avaliación dos coñecementos acadados polo alumno nos seminarios de problemas, farase mediante unha proba escrita na que o alumno deberá resolver 4 ou 5 problemas relacionados ca materia obxceto de estudo.
A proba cualificaránse, segun a lexislación vixente, cunha cualificación final numérica comprendida entre 0 e 10. |
40 |
Informes/memorias de prácticas |
O remate de cada práctica o alumno deberá elaborar un informe detallado sobre a mesma, no que se inclúan aspectos tales como: Obxectivo e fundamentos teóricos da práctica, procedemento seguido, materiais empregados, resultados obtidos e interpretación dos mesmos.
Valorarase, ademais do contido, a comprensión da práctica, a capacidade de síntese do alumno, a redacción e presentación do informe, así como a aportación persoal do alumno.
A cualificación final, comprendida entre 0 e 10, será a media das cualificacións obtidas nos diferentes informes realizados ó longo do curso.
|
10 |