Traballos e proxectos |
O estudante presenta o resultado obtido na elaboración dun documento sobre a temática da materia, na preparación de seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc.
Pódese levar a cabo de xeito individual ou en grupo, de forma oral ou escrita |
25 |
Estudo de casos/análise de situacións |
Proba na que se presenta unha situación ou problemática xa dada ou que pode darse, partindo dos diferentes factores involucrados, a análise dos antecedentes, condicións, da situación, etc. |
25 |
Segunda convocatoria de exame: Para os alumnos que non cumpran cos prazos de entrega das probas ou coa asistencia aos seminarios, a cualificación final supoñerá un 75% da nota máxima sempre que superen a proba final a través de cuestionarios, informes breves e resolución de casos. |