Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
Materias
Dereito financeiro e tributario
Avaliación
Descrición Cualificación
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Proba final que consta de dúas partes: unha escrita na que o alumno terá que resolver un ou varios casos prácticos, e outra oral na que se formularán distintas preguntas sobre o temario da materia.

Para os alumnos que se sometan ó sistema de avaliación continua, esta proba representará o 60% da súa nota final.

Para os alumnos que non se someten á avaliación continua, ou que queden excluidos do devandito sistema, a súa calificación estará integrada polo 60% da calificación obtida no exame teórico oral e o 40% da calificación obtida no exame práctico escrito, que será diferente ó que realicen os alumnos de avaliación continua.
60
Probas de resposta curta Nos Seminarios realizáranse probas de resposta curta e tipo test exclusivamente ós alumnos que se sometan ó sistema de avaliación continua. A nota media dos distintos exames constiuirá o 30% da nota final dos devanditos alumnos 30
Outras Nos "Seminarios"das clases presenciais tamén proporanse ó alumnado a realización de distintas actividades: casos prácticos, exposición oral dun tema, presentación escrita dun traballo, etc. Estas actividades soamente son avaliadas para os alumnos que se sometan á avaliación continua. Ademáis, valorarase especialmente a participación activa do alumno, tanto nas clases maxistrais como nos devanditos "Seminarios". Estas outras actividades suporán o 10% da calificación final. 10

Outros comentarios sobre a Avaliación

O temario que figura no apartado de contidos constitúe unha versión resumida das leccións que serán obxecto de exame. Oportunamente, ó comenzo do curso académico, proporcionarase ó alumno un temario máis detallado cos epígrafes que conforman cada lección.

Primeira oportunidade de examen:

1.- Os alumnos que se someten á avaliación continua serán avaliados conforme ós criterios indicados máis arriba: proba final (60%), probas de resposta curta ou tipo test (30%), e outras (10%).  Na proba final, o exame de teoría e oral suporá un 80% e o práctico, por escrito, suporá un 20%. En todo caso, o alumno deberá acadar unha calificación mínima de 4 sobre 10 na proba final para que se lle tenan en conta as calificacións obtidas mediante o sistema de avaliación continua.

2.- Para os alumnos que NON se someten a avaliación continua, ou que queden excluidos do devandito sistema: a súa calificación estará integrada polo 60% da calificación obtida no exame teórico oral e o 40% da calificación obtida no exame práctico escrito, que será diferente ó que realicen os alumnos de avaliación continua.

Segunda oportunidade de examen:

1.- No exame de xullo soamente realizarase unha proba final, que constará de dúas partes: unha práctica escrita (na que se resolverá un ou varios casos prácticos) e unha teórica oral (na que se formularán distintas preguntas sobre o temario da materia).

2.- Os alumnos que se sometesen ó sistema de avaliación continua conserverán a nota obtida no curso.

3.- Os alumnos que NON se sometesen á avaliación continua, ou que queden excluidos do devandito sistema: a súa calificación estará integrada polo 60% da calificación obtida no exame teórico oral e o 40% da calificación obtida no exame práctico escrito, que será diferente ó que realicen os alumnos de avaliación continua.

4.- Ós alumnos que se someteran ó sistema de avaliación continua e non superaran a proba final nin na primeira oportunidade de exame, nin na segunda, conservaráselle a nota obtida a través do devandito sistema durante o curso académico seguinte, sempre que o alumno manifeste o seu acordo.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000