Guia docente 2012_13
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Máster Universitario en Innovación Industrial e Optimización de Procesos
 Materias
  Traballo Fin de Máster
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Proxectos Se evaluará la calidad del trabajo y la presentación del mismo.
El trabajo será defendido y expuestro por el alumno.
100
 
Outros comentarios sobre a Avaliación














Presentación formal: ata 1 punto.


Cumprimento co estándar de presentación, acompañamento
de material adicional, estética do traballo e grao de detalle na presentación
formal do mesmo.



Cumprimento dos
prazos, aprendizaxe e actitude: ata 2 puntos.


Cumprimento dos tempos, reflexións sobre os borradores,
aprendizaxe nas titorizacións, interese e motivación.



Capacidade de análise e eficacia do proxecto: ata 5 puntos.


Nivel de dificultade, grao de innovación aportado,
dominio das metodoloxías aplicadas, grao de aplicación, resultados,
cumprimento de obxectivos.


* Recoméndase ter un coidado exquisito coa utilización de traballos
doutros autores ou institucións. Lembrade citar sempre as fontes das que se
nutren as vosas análises, e se se decide incluír algunha cita literal, é
obrigado poñela entre aspas acompañándoa da fonte.  Alén das sancións pertinentes no propio
MIIOP, o coordinador do Máster solicitará a apertura dun expediente sancionador
na UVigo ante a constatación de calquera tipo de plaxio.



Exposición final: ata 2 puntos.


Calidade da presentación e habilidades oratorias.


* Lembrade que
todos os estudantes teñen dereito a expoñer o seu traballo. Só se recomenda,
sen embargo, a quen se convide expresamente a facelo.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000