Guia docente 2012_13
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Máster Universitario en Políticas Comunitarias e Cooperación Territorial pola Universidade de Minho (Portugal) e a Universidade de Vigo
 Materias
  Traballo Fin de Máster
   Competencias de titulación
Código Descrición
A2 O alumnado demostrará saber aplicar os coñecementos da competencia anterior á resolución de problemas relacionados co desenvolvemento da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e coa elaboración de candidaturas concretas
A3 O alumnado demostrará posuír capacidade de comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados, no caso que nos ocupa técnicos e autoridades comunitarias, dos gobernos portugués e español e dos gobernos autonómicos e locais, amén da CCDR-N.; así mesmo, deberán demostrar esa mesma capacidade con públicos non especializados, no caso que nos ocupa poden ser xestores e autoridades locais e medios de comunicación, por exemplo
A4 O alumnado demostrará habilidades de aprendizaxe para estudar dun modo que será en gran medida autodirixido ou autónomo mediante o sistema semipresencial do título e o emprego intensivo da plataforma de docencia on-line da Universidade de Vigo
B1 O alumnado demostrará posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidades de seren orixinais no desenvolvemento e aplicación de ideas
B2 O alumnado demostrará saber aplicar coñecementos a través da capacidade para resolver problemas
B3 O alumnado demostrará posuír capacidade de comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados
B4 O alumnado demostrará habilidades de aprendizaxe para estudar dun modo que será en gran medida autodirixido ou autónomo
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000