Guia docente 2012_13
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Máster Universitario en Políticas Comunitarias e Cooperación Territorial pola Universidade de Minho (Portugal) e a Universidade de Vigo
 Materias
  Políticas Comunitarias de Desenvolvemento Territorial
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral No comezo da primeira das sesións presenciais farase unha presentación da materia (contidos, secuenciación, procedementos de seguemento, materias de referencia e avaliación). No tempo restante das sesións presenciais farase exposición de conceptos, propostas metodolóxicas, teorías, políticas, programas, normativas e exemplos claves na comprensión e emprego das Políticas Comunitarias de Desenvolvemento Territorial.
Debates Aprendizaxe colaborativa nas clases presenciais por medio da exposición de ideas e argumentos e a súa discusión.
Prácticas autónomas a través de TIC Acceso, lectura e reflexión sobre os diversos recursos habilitados na páxina de teledocencia, que desenvolven contidos da materia introducidos nas clases presenciais. Participación nos foros e debates suscitados polos docentes en torno os contidos e materiais facilitados a través da páxina de teledocencia.
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución dun exercicio de comprensión, síntese, e reflexión crítica sobre textos que se ocupan das políticas de desenvolvemento na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
Proxectos Definir un proxecto (real ou hipotético) que solicitaría apoio económico por parte dunha Administración Pública dentro das liñas de accións definidas no Programa de Desenvolvemento Rural.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000