Guia docente 2012_13
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Máster Universitario en Políticas Comunitarias e Cooperación Territorial pola Universidade de Minho (Portugal) e a Universidade de Vigo
 Materias
  Bases Estruturais da Eurorrexión e Bases Normativas Comunitarias para 2007-2013
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Resolución de problemas e/ou exercicios Cada un dos apartados contemplados nas diferentes sesións maxistrais, levan asociados a realización de exercicios, que se expoñen a continuación:

Exercicio avaliativo da Parte I:
Realización dun test de contidos mínimos a reter das características demográficas e socieconómicas da Eurorrexión. Realizar un análise pormenorizado das características demográficas e socieconómicas dun dos territorios NUT III que forman parte da Eurorrexión.

Exercicio avaliativo da Parte II:
II.1. Marco xurídico:
- breve cuestionario que porá de manifesto os coñecementos adquiridos.
- resolución dun caso práctico no que se demostre tanto a destreza do alumnado no manexo de lexislación previamente estudada coma o coñecemento da doctrina xurisprudencial máis relevante sobre a cuestión plantexada.
II.2. Marco político-administrativo
Realizar un análise crítico e comparado do marco institucional, así como dos actores político-administrativos da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal no seu conxunto, que teñan intereses no ámbito do período de programación 2007-2013, seguindo a documentación do Programa Operacional de Cooperación Territorial España-Portugal 2007-2013 (http://www.poctep.eu).

Exercicio avaliativo da Parte III:
Realizar un análise crítico e comparado do marco dos programas comunitarios da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal no seu conxunto, para o período de programación 2007-2013.
Sesión maxistral Os contidos que serán expostos ao longo das sesións que integran este módulo son os que seguen a continuación:
PARTE I. O marco poboacional e socieconómico na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
PARTE II. Réxime xurídico e político-administrativo dos Gobernos e as Administracións integrantes da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
PARTE III. O periodo de programación comunitario 2007-2013.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000