Código |
Descrición |
A1 |
O alumnado demostrará posuír e comprender coñecementos suficientes sobre o funcionamento da Unión Europea, as características da cooperación territorial e da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e das principais políticas que contempla a programación comunitaria 2007-2013 |
A2 |
O alumnado demostrará saber aplicar os coñecementos da competencia anterior á resolución de problemas relacionados co desenvolvemento da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e coa elaboración de candidaturas concretas |
B1 |
O alumnado demostrará posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidades de seren orixinais no desenvolvemento e aplicación de ideas |
B2 |
O alumnado demostrará saber aplicar coñecementos a través da capacidade para resolver problemas |