1. Aconséllase un traballo regular, sistemático, ao longo do cuadrimestre, tanto no referente aos contidos teóricos, transmitidos nas clases maxistrais, como nos traballos de seminario.
2. Os alumnos e alumnas terán en conta que se avaliará, por un lado, a participación nos seminarios e os traballos e probas prácticas (30% da nota final), e os coñecementos teóricos adquiridos a través do exame final (70% da nota final).
3. Na parte práctica, como na teórica, será especialmente tido en conta o interese demostrado e a calidade das intervencións, ben sexa dentro dos grupos de traballo que se formen, ben individualmente.
4. Titorías individuais: Martes, 12-14 horas. Xoves: 13-14 horas. |