b) Construír a contemporaneidade. Actividade e actitude do artista. |
1. O paradigma da arte nova. Xuventude e contemporaneidade.
2. O artista contemporáneo. Do artista personalista/individualista ao artista colaborador/produtor, e viceversa.
3. Quen substitúe a Rafael? De como a excelencia non pode ser substituída polo anonimato e a multitude.
4. O artista relacional. Evolucións situacionistas sobre os axentes implicados no acontecemento artístico. A obra de arte sen corpo e o artista (calquera, todos, ningún) lexión. Populismo versus demonismo. |
c) Vivir e experimentar a contemporaneidade. |
1. Da arte como exercicio poético e intelectual á arte como produto cultural. Arte e sociedade 2. A arte nas sociedades contemporáneas. O entrecruzamento das sociedades, as comunidades e os seus parámetros evolutivo-contextuais: Oriente/Occidente (Eurasia), Europa/América, Primeiro Mundo/ Terceiro Mundo, etc.
3. Arte e relixión. O debate hexemónico-relixioso na arte contemporánea. Xudaísmo/cristianismo (católicos/protestantes). A presenza de máis relixións na escena artística: ortodoxos, musulmáns, budistas, hinduístas, etc.
4. A arte contemporánea como parte da industria cultural e do entretemento. Bienais, feiras de arte e macroexposicións transformadas en parques temáticos e en eventos sociais.
5. Lexitimación, significación e mercado da arte. Axencias e intermediarios. Tipos de mercados da arte e a súa relación coas sociedades, as institucións e as diferentes políticas culturais.
6. O debate entre a arte pública e a arte privada. De existiren coleccións públicas e privadas, e de igual maneira, políticas culturais e iniciativas privadas, existirán tamén artistas públicos e artistas privados? |