Sesión maxistral |
Clase de presentación de exercicios, traballos ou proxectos. Clases de contido teórico. O estudante, de maneira individual ou en grupo, presenta o resultado do seu traballo, proxecto, etc, ante o profesor e un grupo de estudantes. Coñecer os métodos de produción do debuxo e o seu vocabulario. Comprender o debuxo como forma artística de creación, análise, desenvolvemento e transmisión de ideas. |
Traballos de aula |
Os estudantes traballan individualmente ou en grupo baixo supervisión do profesor. Coñecer os procedementos, materiais e útiles propios da práctica do debuxo. Fomentar o coñecemento analítico e sintético desde a observación e retención de imaxes. Analizar imaxes de forma visual, transformándoas e xerando novas producións artísticas desde o debuxo. Estudar, analizar e sintetizar a figura humana e o seu medio.
|
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma |
Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno debe desenvolver de forma autónoma a análise e resolución dos problemas e/ou exercicios. |