1. ORGANIZACIÓN ACADÉMICA A Comisión Académica está formada por: - Presidenta / Coordinadora do POP: Pilar Allegue Aguete - Secretaria: Teresa Martínez Táboas - Un membro da comisión de calidade do centro: Fernando Lorenzo Merino - Catro vogais responsables de cada un dos módulos que compoñen o Máster: Ana María Pita Grandal, Emma Rodríguez Rodríguez, Almudena Bergareche Gros, Pablo Ignacio Fernández Carballo-Calero 2. FUNCIÓNS DA COMISIÓN ACADÉMICA
1. Elaborar, e no seu caso, modificar o regulamento de réxime interno da propia comisión que deberá ser aprobado pola Comisión de Estudos de Posgrao. 2. Vixiar o cumprimento da actividade docente e académica (cumprimento de horarios de clases e titorías, depósito da guía docente das materias na secretaria do centro de adscrición do POP), velar pola dispoñibilidade dos espazos (aulas, laboratorios, equipos de vídeo conferencia, etc.). 3. Seleccionar os/as estudantes admitidos/as no programa. 4. Emitir informe para o recoñecemento de competencias. 5. Formular as demandas de recursos humanos e materiais, debidamente xustificadas. 6. Seleccionar os/as estudantes para bolsas ou estadías de mobilidade noutros centros ou institucións nacionais e do Espazo Europeo de Educación Superior baixo os principios de igualdade e concorrencia competitiva. 7. Aquelas que nun futuro se determinen, e estean recollidas no Regulamento interno da Comisión Académica do POP.
|
Universidade de Vigo | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 |