Guia docente 2011_12
Escola de Enxeñaría Industrial
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Empresa: Introdución á xestión empresarial
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de tipo test Probas que se realizarán ao longo do curso, tanto nas clases de teoría coma de prácticas, distribuidas de forma uniforme e programadas para que non interfiran no resto das materias. 30
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Proba final que pode conter parcial ou totalmente os contidos da materia desenvolvidos nas clases de teoría e de prácticas. 70
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. Seguindo as directrices propias da titulación e os acordos da comisión académica ofrecerase aos alumnos que cursen esta materia un sistema de avaliación continua.


A avaliación continua constará dun conxunto de probas planificadas e desenvolvidas ao longo do curso, tanto nas clases de teoría como nas de prácticas, que se completará cunha proba final que cubrirá total ou parcialmente a materia. O peso das tarefas avaliables (un total de tres) na cualificación final será dun 30%. Estas probas realizadas ao longo do curso non liberan materia, senón que cada unha delas versará sobre os contidos vistos ata o momento de realización da proba, tanto en clases de teoría como de prácticas. Debido a isto, a cualificación resultante destas probas obterase aplicando unha media ponderada (Proba 1, 20%; Proba 2, 30%; Proba 3, 50%). Así mesmo, estas tarefas non son recuperables, é dicir, si un alumno non pode cumprilas no prazo estipulado, o profesor non ten obriga de repetirllas.


O estudante ten dereito a coñecer a cualificación obtida en cada tarefa nun prazo razoable trala súa realización ou entrega.


A cualificación obtida nas tarefas avaliables será válida tan só para o curso académico no que se realicen.


2. Para superar a avaliación continua o alumno deberá superar 2/3 das probas realizadas, entregar as tarefas propias da materia e realizar as prácticas da materia. Os alumnos que non superen a avaliación continua terán que ir ao exame final coa totalidade da materia.


Os alumnos que superen as probas da avaliación continua terán que realizar unha proba final reducida que supoñerá un 70% da nota que se sumará á nota obtida na avaliación continua (o 30% restante). No entanto, estarán exentos da realización da proba final aqueles alumnos que, habendo superado a avaliación continua, teñan superada a última proba (que versará sobre todos os contidos da materia). Neste último caso, a cualificación do alumno calcularase como a media ponderada das cualificacións obtidas nas probas realizadas (aplicando as porcentaxes de ponderación xa sinaladas). A mencionada exención queda suprimida no caso de que a media ponderada das cualificacións obtidas nas probas realizadas non sexa como mínimo de Aprobado.


Os alumnos que non realicen as probas de avaliación continua ou non as superaron terán que realizar un exame final de toda a materia. Nesta proba se avaliarán todos os contidos desenvolvidos na materia (clases teóricas, prácticas de laboratorio e traballo).


Si un alumno realizou algunha das probas correspondentes á avaliación continua e non aproba a materia recibirá unha cualificación de Suspenso, independentemente de que se presente ao exame final ou non.


3. Alumnos que non optan por avaliación continua


Aos alumnos que non opten pola avaliación continua ofreceráselles un procedemento de avaliación que lles permita alcanzar a máxima cualificación. Este procedemento consistirá nun exame final que inclúa os contidos desenvolvidos nas clases de teoría e de prácticas e na entrega de tarefas adicionais.


4. Sobre a convocatoria de recuperación (xullo)


Para a convocatoria de recuperación (xullo) o alumno que non aprobase a materia elixe si desexa ser reevaluado completamente sobre a máxima nota posible ou se se lle aplica o procedemento de avaliación estipulado na materia mantendo a nota obtida nas tarefas previas. Por defecto, ao alumno gárdanselle os resultados das probas realizadas (sempre que alcance o mínimo esixido para superalas) podendo optar no momento do exame pola realización íntegra do mesmo.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000