Recomendacións:
Os estudantes poderán consultar calquera dúbida relativa as actividades asignadas ao grupo de traballo ao que pertencen
ou a materia vista nas horas presenciais nas horas de titorías ou a través dos medios relacionados no apartado de Atención
ao alumno.
Os estudantes deben cumprir inescusablemente os prazos establecidos para as diferentes actividades.
Nas diferentes probas aconséllase aos estudantes que xustifiquen todos os resultados que acaden. A hora de puntualas non
se dará ningún resultado por sobreentendido e terase en conta o método empregado para chegar a solución proposta.
Recoméndase, na presentación dos diversos exercicios, non presentar faltas de ortografía e carácteres ou símbolos ilexibles,
porque afectarán a puntuación final.
Non se pode utilizar lapis. Non se corrixirán os exames aos que lle falte algunha das follas que acompañan ao enunciado.
Durante a realización da proba individuall non se poderá utilizar apuntes e os teléfonos móbiles deberán estar apagados.
Pautas para a mellora e a recuperación:
No caso de que un alumno non aprobe a materia na primeira convocatoria, dispón dunha segunda convocatoria no presente
curso académico. A cualificación final correspondente a esta segunda convocatoria obterase como resultado de sumar as
seguintes notas:
1.- A nota obtida na avaliación das prácticas de laboratorio na primeira convocatoria, cun peso do 20% da cualificación final.
2.- A nota obtida na avaliación dos bloques temáticos na primeira convocatoria. O peso desta nota é dun 20% da
cualificación final.
3.- A nota obtida na avaliación da proba individual realizada nesta convocatoria coa mesma contextualización que na
primeira convocatoria. O peso desta nota é do 60% da cualificación final.
Para aprobar a materia nesta segunda convocatoria é necesario obter unha puntuación final igual ou superior a 5 puntos.
Unha vez rematado o presente curso académico as notas obtidas na proba individual perden a súa validez. A nota obtida na
avaliación de prácticas e nos bloques temáticos manterase durante os dous cursos académicos seguintes ao presente curso,
agás que o alumno desexe facelas novamente. |