Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma |
Titorías:
No horario de titorías os alumnos poderán acudir ao despacho do profesor para recibir orientación e apoio académico.
Correo electrónico:
Os alumnos tamén poderán solicitar orientación e apoio mediante correo electrónico aos profesores da materia. Este modo de atención é aconsellable para indicacións e dúbidas curtas de tipo puntual.
Preguntas mais frecuentes:
Baseándose nas consultas habituais das titorías e os correos electrónicos, os profesores da materia poderán elaborar unha lista de preguntas máis frecuentes coas súas correspondentes respostas, consellos e indicacións. Esta lista estará a disposición dos alumnos por vía telemática.
|
|