Fundamentos da análise económica e historia e institucións económicas
Coordinador/a
Facal Rodriguez, Maria Jesus Isabel
Correo-e
cfacal@uvigo.es
Profesorado
Barrio Murga, Luis Maria
Facal Rodriguez, Maria Jesus Isabel
Martinez Dominguez, Maria Blanca
Web
Descrición xeral
Esta materia pretende:
– Mostrarlle ao alumnado os cambios económicos, industriais e organizativos ao longo da historia, usando ferramentas teóricas e empíricas doutras ramas da economía e das ciencias sociais próximas.
– Analizar o desenvolvemento da economía internacional e as grandes fases do crecemento económico moderno.
– Observar e analizar os efectos de acontecementos cruciais.
– Investigar as implicacións dos cambios nas institucións económicas de carácter global —por exemplo, o patrón ouro, os bloques comerciais ou o FMI— e os efectos do cambio tecnolóxico a curto, medio e longo prazo.