Nesta asignatura expóñense os principios biolóxicos que rexen o desenvolvemento dos organismos mariños. O curso profunda:1) na bioloxía da reprodución e a bioloxía das larvas e embrions das especies animais mariñas.2) nos mecanismos celulares xenerais que subxacen aos procesos de diferenciación e desenvolvemento. A docencia desta asignatura inclúe clases maxistrais e resolución de exercicios e outras actividades propostas polo profesorado. Nas clases maxistaris explicaránse os conceptos que se enuncian no temario da asignatura. Os exercicios e actividades permitirán resolver, debater e argumentar sobre cuestionsde interese xeral e actual no campo da bioloxía do desenvolvemento.