Guia docente 2011_12
Facultad de Biología
Máster Universitario en Bioloxía Mariña
 Materias
  Técnicas de Mostraxe e Recoñecemento de Organismos e Comunidades Mariñas
   Contidos
Tema Subtema
Flora e fauna intermareal (rochedos e sedimento) Explicación in situ da zonación e estrutura das comunidades intermareais de substrato rochoso e sedimentario. Recolleita de material: revisión dos diferentes métodos, directos e indirectos, empregados para a recolección da fauna e flora de rocha, area e lodo. Recollida a pé na zona intermareal. Tratamento, separación e preparación das mostras: o remonte.Observación in vivo e estudo no laboratorio da flora e fauna obtidas, con especial dedicación ás algas.
Flora e fauna da zona infralitoral de substratos duros (rocha) e brandos (area) Explicación in situ, a bordo do barco "Polybius", da metodoloxía de recoleción con escafandro autónomo: técnicas e materiais. Recolleita mediante mergullo con escafandro autónomo de fauna e flora infralitoral de rocha. Explicación in situ, a bordo do barco "Polybius", da metodoloxía de recoleción mediante métodos indirectos: dragas de actuación horizontal e vertical; dragas cualitativas e cuantitativas. Recolleita de sedimento areoso coa draga de actuación horizontal "Rectangular de naturalista" e de epifauna sedimentaria mediante a draga Agassiz trawl. Recolleita de sedimento coa draga de actuación vertical van Veen, para o estudo da meiofauna. Peneirado, separación e preparación das mostras.Observación in vivo e estudo no laboratorio da flora e fauna obtidas.
Flora e fauna da zona infralitoral de substratos brandos: cascallo Recolleita de sedimento de cascallo coa draga de actuación horizontal "Rectangular de naturalista" e coa de actuación vertical van Veen. Peneirado, separación e preparación das mostras.Observación in vivo e estudo no laboratorio da flora e fauna obtidas.
Flora e fauna da zona infralitoral de substratos brandos: lodos Recolleita de sedimento lamacento coa draga de actuación horizontal "Rectangular de naturalista" e coa de actuación vertical van Veen. Peneirado, separación e preparación das mostras.Observación in vivo e estudo no laboratorio da flora e fauna obtidas.
Flora e fauna planctónicas Recolleita de material mediante mangas de plancto. Observación in vivo e estudo no laboratorio do fitoplancto e zooplancto obtidos.
Tratamento da información Recoñecemento, análise estatística e interpretación das comunidades. Organización dos datos obtidos para a súa elaboración posterior.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000