Código |
Descrición |
A1 |
Coñecer e comprender a morfoloxía, a fisioloxía, a patoloxía e a conduta das persoas, tanto sas coma enfermas, no medio natural e social. |
A2 |
Coñecer e comprender as ciencias, os modelos, as técnicas e os instrumentos sobre os que se fundamenta, articula e desenvolve a fisioterapia. |
A3 |
Coñecer e comprender os métodos, procedementos e actuacións fisioterapéuticas, encamiñados tanto á terapéutica propiamente dita, a aplicar na clínica para a reeducación ou recuperación funcional, como á realización de actividades dirixidas á promoción e mantemento da saúde. |
A4 |
Adquirir a experiencia clínica axeitada que proporcione habilidades intelectuais e destrezas técnicas e manuais; que facilite a incorporación de valores éticos e profesionais; e que desenvolva a capacidade de integración dos coñecementos adquiridos. |
A5 |
Valorar o estado funcional do paciente, considerando os aspectos físicos, psicolóxicos e sociais. |
A6 |
Valoración diagnóstica de coidados de fisioterapia segundo as normas e cos instrumentos de validación recoñecidos internacionalmente. |
A7 |
Deseñar o plan de intervención de fisioterapia atendendo a criterios de adecuación, validez e eficiencia. |
A8 |
Executar, dirixir e coordinar o plan de intervención de fisioterapia, utilizando as ferramentas terapéuticas propias e atendendo á individualidade do usuario. |
A9 |
Avaliar a evolución dos resultados obtidos co tratamento en relación cos obxectivos marcados. |
A11 |
Proporcionarlles unha atención de fisioterapia eficaz, outorgando unha asistencia integral aos pacientes. |
A12 |
Intervir nos ámbitos de promoción, prevención, protección e recuperación da saúde. |
A14 |
Incorporar os principios éticos e legais da profesión na práctica profesional así como integrar os aspectos sociais e comunitarios na toma de decisións. |
A15 |
Participar na elaboración de protocolos asistenciais de fisioterapia baseada na evidencia científica. |
A16 |
Levar a cabo as intervencións fisioterapéuticas baseándose na atención integral da saúde que supón a cooperación multiprofesional, a integración dos procesos e a continuidade asistencial. |
A17 |
Comprender a importancia de actualizar os coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que integran as competencias profesionais do fisioterapeuta. |
B1 |
Comunicación oral e escrita nas linguas cooficiais da Comunidade Autónoma. |
B2 |
Capacidade de análise e síntese. |
B3 |
Capacidade de organización e planificación. |
B4 |
Capacidade de xestión da información |
B5 |
Resolución de problemas |
B6 |
Toma de decisións |
B7 |
Coñecementos de informática relativos ao ámbito de estudo |
B9 |
Compromiso ético |
B10 |
Traballo en equipo |
B11 |
Habilidades nas relacións interpersoais |
B12 |
Razoamento crítico |
B13 |
Recoñecemento da diversidade e a multiculturalidade. |
B15 |
Aprendizaxe autónoma |
B16 |
Motivación por a calidade. |
B17 |
Adaptación a novas situacións |
B18 |
Creatividade |
B19 |
Iniciativa e espírito emprendedor |
B20 |
Liderado |