A materia ten un marcado carácter instrumental estando moi ligada ao proxecto fin de grao. A súa situación no plano de estudos favorece este obxectivo. Os Métodos de Investigación en Fisioterapia son unha materia básica para o exercicio profesional no que respecta á análise cuantitativa e cualitativa da información. Así mesmo como ferramenta para comprender aspectos de investigación en Fisioterapia.