Probas de tipo test |
Resolución de probas pechadas consistentes en exercicios con varias respostas alternativas das que o alumno deberá sinalar a verdadeira.
Resolución de problemas nas que, utilizando un sistema de cálculo simbólico, deberán proporcionar a resposta do programa ao exercicio correspondente. |
15 |
Probas de autoavaliación |
Resolución autónoma de traballos e proxectos |
15 |
A avaliación realizarase en dous apartados: avaliación de contidos teóricos e a avaliación das prácticas de laboratorio.
A avaliación dos contidos teóricos realizarase tendo en conta o exame final dos contidos teóricos, os test obrigatorios, traballos propostos e outro tipo de traballos.
A avaliación das prácticas de laboratorio realizarase tendo en conta o exame final de prácticas de laboratorio, as prácticas realizadas, test de prácticas e traballos complementarios.
A nota final será a media aritmética da avaliación dos contidos teóricos e da avaliación dos contidos prácticos. Únicamente se fará o promedio de ambas notas si se obten polo menos un 4 en cada unha delas. A materia considerarase aprobada si a nota media final é de polo menos un 5.
Para a segunda convocatoria esixirase ao alumno que repita os procedementos non alcanzados durante a avaliación continua da primeira convocatoria, manténdose a valoración dos procedementos xa superados.
Os alumnos que debidamente xustifiquen a imposibilidade de someterse á avaliación continua serán avalidos por medio das probas de exame final de contidos teóricos e exame final de prácticas de laboratorio. |