Proxectos |
O estudante, de maneira individual ou en grupo, traballa no desenvolvemento do proxecto e presenta o resultado do seu traballo ante o profesor e un grupo de estudantes. Desenvolvemento do proxecto: definición; concreción do marco conceptual do proxecto de libro de artista; revisión e cualificación do proxecto teórico que se vai desenvolver durante o cuadrimestre; bosquexos, esquemas, secuencia, presentación de estrutura, partes do libro e retícula; presentación e defensa do proxecto en público empregando un modelo de presentación audiovisual ou informático; exposición dos traballos teóricos e prácticos de clase; aprobación e posta en acción do proxectado; produción e elaboración física; elaboración de memoria xustificativa teórica; defensa final e entrega do proxecto. |
Seminarios |
Cursiño de curta duración cun sistema de traballo cunha forte carga práctica a cargo dun profesor ou un especialista invitado ad-hoc.: toma de contacto con profesionais do ámbito, invitados nacionais ou estranxeiros para ver en que e como se está a traballar dunha maneira práctica no campo das creacións de obra múltiple editorial. Charlas-coloquio, entrevistas a artistas, conferencias, seminarios, etc. |
Saídas de estudo/prácticas de campo |
Un grupo de estudantes realiza unha saída fóra do centro xunto cun profesor:
-Visitas a exposicións, museos, institucións, empresas, etc.
-Visitas a outros centros de ensino ou laborais (imprentas industriais).
-Organización de actividades en colaboración con outras institucións, por exemplo, avaliación dalgún exercicio por parte dun museo, entendidos, críticos, galeristas, deseñadores, etc. |