Aqueles alumnos que, por circunstancias persoais ou profesionais, non poidan participar de maneira presencial no
desenvolvemento do curso poderán presentar por escrito os diferentes traballos realizados ao mesmo tempo que os
asistentes. Isto suporalles un 50% da avaliación final e a proba de resposta longa o outro 50% da avaliación final.
Aqueles alumnos que non poidan participar no desenvolvemento do curso de maneira presencial terán unha avaliación final
que implicará o desenvolvemento por escrito de dúas preguntas longas que se incluirán no programa e suporán o 80% da
avaliación e una pregunta práctica que suporá o 20% da avalidación.
Tanto estes últimos alumnos como os anteriores gozarán de atención personalizada nas titorías individualizadas (previa cita)
cando así o desexen.
Na segunda oportunidade (xullo) diferenciaranse as seguintes modalidades:
a) Para os alumnos presenciais: terán que ser avaliados daquela parte da programación docente que non superasen durante
o curso. b) Para aqueles alumnos que participan, aínda que non o fan de maneira presencial na súa totalidade: terán que
superar aquela parte da programación docente que non superasen. c) Para aqueles alumnos que se presentasen
unicamente a unha avaliación final e non a superasen: deberán repetir esa mesma modalidade de avaliación na súa
totalidade.