Guia docente 2010_11
Facultad de Biología
Máster Universitario en Biodiversidade e Ecosistemas
 Materias
  Ecotoxicología Mariña
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Exposición dos contidos da materia. Clases centradas en contidos teóricos, nas que se exporán os eixos temáticos do conxunto do programa por parte do profesor.
Saídas de estudo/prácticas de campo Traballo práctico de campo: toma de mostras e manexo de instrumental. Participación activa do alumno no deseño do traballo experimental e a toma de mostras, incentivando a asimilación dos coñecemientos adquiridos durante as clases teóricas
Prácticas de laboratorio Traballo de laboratorio: traballo práctico de procesado de mostras recollidas na actividade de campo. Realización de bioensaios embriolarvarios.
Traballos tutelados Presentación e discusión dos resultados. Exposición de forma individual por parte do alumno, baixo a supervisión do profesor, dos resultados obtidos, realizando unha análise dos datos, e relacionándoos co temario dado nas sesións teóricas
Seminarios Exposición en profundidade dun tema no que se pretende ampliar algún dos contidos tratados nas sesións maxistrais.
Actividades introdutorias Actividade encamiñada a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado e a presentar a materia.
Presentación dos alumnos e do profesor. Trataranse de averiguar os coñecementos previos do alumnado sobre a materia, en función da súa formación, así como do seu interese e motivación en cursar a materia.
Detallaranse os contidos da materia, a metodoloxía a seguir, e os criterios de avaliación.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000